O CASTELLANO
O
CASTELLANO
O
Castellano quedou orfo, tiña irmáns pero emigraron, só el quedou
perseguindo o soño de súa nai, que os seus descendentes
permaneceran en Galiza. El quedou pero fíxolle a vida imposible aos
veciños do Folón.
Na
súa soidade, volveuse tolo e converteuse nun ladrón, atormentando
aos seus veciños, aos que lle roubaba todo o que deixaban fóra pola
noite. Se quedaba un pao na rúa, desaparecía, ao Castellano xa o
chamaban cleptómano. Nos bares da aldea incluso intentaba roubar os
puros que tanto lle gustaban.
Unha
das súas irmás volveu a Galicia, deuse de conta da situación do
seu irmán e sen saber como resolvela, acabou facendo algo que a todo
o mundo contentou.
O
Castellano foi ingresado nunha residencia de anciáns na que botou
soamente tres meses xa que escapou. Tras intensas buscas, aparicións
na maioría dos noticiarios e xornais estivo moito tempo sen
aparecer.
Os
seus ósos foron encontrados por unha muller que paseaba co seu can.
Apareceron despois de cinco anos tirados nunha touza entre as silvas,
un conto imposible, ninguén creu que un ancián saltara un enreixado
de dous metros e camiñara dez quilómetros con cueiro, en pixama e
zapatillas de casa. Había cousas que non cadraban xa que esas zonas
xa se exploraran e non atoparon pegada ningunha.

Comentarios
Publicar un comentario