ASÍ SON EU

GÚSTAME:
O verán, o sol, o monte, non pensar, actuar, ser libre, recorrer mundo, reencontrarme coas miñas irmás, estar ca familia, a miña aldea, estar no muíño, montar festas, facer plans, marchar a praia, montar en bicicleta mentras anoitece, motivarme, escoitar Taburete, inventarme as letras das cancións, conbacalao, as cousas distintas, as fotos, o son do vento, bañarme no río, a auga fría, dicir o que penso, falar do futuro que nos espera xuntos, o deseño, debuxar, a roupa, as zapatillas, ter o meu propio estilo, Dulceida, o inverno, o son da choiva contra o chan, os venres, ler un bo libro, subir contido ao meu blog,estar a calor do lume…

NON ME GUSTA:
O frío, a violencia, o tomate, o son de cortar cartón, o bolígrafo de cor negra, estar sempre co teléfono, as películas tristes, vestir de branco, o laísmo, os luns, as despedidas, os folios de cores, o vinagre, seguir o que manda a sociedade, os políticos, as inxustizas, o café sen espuma, o ruído do tráfico, que morran as plantas, que me chamen polo meu apelido sen coñecerme, que usen palabras bonitas como insulto...

Comentarios

Publicacións populares